Foliada de Melide

Fotos realizadas durante as Foliadas de Melide e presentadas ás diferentes edicións dos respectivos concuros fotográfico.

2018

Cuarta edición e primeira que non podo ir á Foliada… para o ano cadrarán mellor as datas, seguro!

2017

Un ano máis chegou (e xa pasou ao tempo de escribir estas liñas) a Foliada de Melide e con ela a terceira edición do concurso fotográfico e o ritual de limpar obxectivos, cargar baterías, baleirar tarxetas e a pasear buscando a foto gañadora.

Este ano fun de paseo con Guillermo, o gañador da pasada edición, e terceiro da anterior, para aprender del e retomar o camiño laureado. Compartir experiencias e coñecerse mellor sempre é positivo.

Ao final, entre o carriño de Breogán, os momentos de chuvia, e outras eventualidades non houbo moito tempo para a fotografía pero, finalmente, tampouco faltou.

Foto gañadora co segundo premio

Outras presentadas

Máis fotos

2016

Nesta segunda edición ningunha das miñas fotos foi premiada, segundo din, estiven a puntiño pero non, de conseguilo, os tres que gañamos na primeira edición teríamos repetido nesta así que, como parece fun o único que non repetiu premio respecto do ano pasado… unha mágoa!

Fotos presentadas

2015

Primeira edición do concurso fotográfico asociada a festa da Foliada e Cantos de Taberna de Melide, no que resultei agraciado co primeiro premio de entre menos dunha ducia de participantes, é o que teñen as primeiras edicións…

Foto gañadora

Adega O Mandil | Foliada de Melide 2015

Outras presentadas

Deixar unha resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.