Foliada de Melide 2017 » III Concurso fotográfico

Un ano máis chegou (e xa pasou ao tempo de escribir estas liñas) a Foliada de Melide e con ela o concurso fotográfico e o ritual de limpar obxectivos, cargar baterías, baleirar tarxetas e a pasear buscando a foto gañadora.

Este ano fun de paseo con Guillermo, o gañador da pasada edición, e terceiro da anterior, para aprender del e retomar o camiño laureado. Compartir experiencias e coñecerse mellor sempre é positivo.

Ao final, entre o carriño de Breogán, os momentos de chuvia, e outras eventualidades non houbo moito tempo para a fotografía pero, finalmente, tampouco faltou.

Estas son as cinco imaxes que presentei ao concurso:

E esta a que recibiu o segundo premio:

Ademais había estoutras que se quedaron no camiño…

Finalmente, parece que estivo ben pasear con Guillermo, e atopar a mesma musa para gañar os dous, síntoo que non gañara o segundo premio que era o que lle faltaba no seu palmarés…

Deixar unha resposta