Camiño de Santiago » Lavacolla

Desta breve sesión fotográfica, na que o principal obxectivo era tranquilizar e durmir a Breogán, tiven tempo de cruzarme co alavés que estaba facendo o Camiño de Santiago cunha burra que tiraba de medio coche no que viaxaba a súa muller enferma tal e como recolle Dolores Cela Castro no seu artigo “El Camino, en burra y con un coche recortado” publicado en La Voz de Galicia.

Ademais, aproveitando a contorna do aeroporto de Lavacolla, tamén esperei aos momentos oportunos para capturar a unha parella (se se coñecían, só eles poden sabelo xa) de peregrinos pasando ao carón das vallas que delimitan o terreo do aeroporto; e tamén, un avión despegando con probablemente algunha persoa que regresaba a casa unha vez rematado o camiño.

Finalmente, ao chegar a casa puiden grabar unha misa de campaña que estaban celebrando na terraza do CH Pizza, onde no faltaron os selfies ao comezo, durante, e ao final da misa:

A imaxe destacada que ilustra este artigo é un graffiti que está localizado nunha obra sen rematar dunha casa preto de Lavacolla.

Deixar unha resposta