A verdade do proxecto mineiro de Touro-O Pino

“A verdade do proxecto mineiro de Touro-O Pino…” así comeza un novo artigo do xornal Galicia Confidencial no que analizan un informe técnico de prefactibilidade (acceda á páxina de descarga do documento en formato PDF e en inglés de 5MB) realizado para Atalaya Mining PLC polo cualificado Alan C. Noble e publicado en maio de 2018, un mes despois á súa realización, no que se anuncian datos dispares aos anuciados polas empresas mineiras Atalaya Mining e Cobre San Rafael para este proxecto.

Resumen das alburgadas presentadas ata o de agora e matizadas neste informe:

  • Incremento da superficie explotada de 689ha a 1060ha.
  • Incremento da área de exploración de 122.7km2 a 153km2

E como non todo ía ser incrementos, tamén hai unha reducción significativa:

  • Dos 400 postos de traballo anunciados incialmente pérdense 300 postos de traballo directos pasando a menos dun centenar e non especializados.

Finalmente, recoñecen o impacto medioambiental negativo (que intentarán minimizar) por mor de:

  • Perturbacións ambientais tales como emisións de po, ruído, cheiros, vibracións e aumento do tráfico nas estradas
  • Tanto a calidade do aire como os impactos do ruído terán potencialmente o maior efecto nos núcleos de poboación próximos
  • Este tráfico pesado tamén aumentará as emisións de po e o desgaste nas superficies da estrada
  • Perda de recursos, alteracións de calidade, risco de contaminación, aumento da erosión
  • Risco de contaminación accidental polo funcionamento da maquinaria ou a xestión inadecuada dos residuos
  • Perda temporal de hábitats afectados que se restaurarán progresivamente, na medida do posible (non garantizado)
  • Impacto directo na fauna por desprazamaneto ao eliminarse a vexetación
  • A comarca sufrirá unha perda de calidade na paisaxe
  • O proxecto podería afectar ao sitio arqueolóxico número 18: Castro da Copa

 

Deixar unha resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.