Yashica IC Lynx 14E

Este verán fun de paseo con algunhas das miñas cámaras de carrete mercadas en eBay, neste caso, preséntovos as fotos que saquei coa Yashica IC Lynx 14E de 1968 e que conta cunha óptica fixa de 42mm, 1.4 de luminosidade e case un quilo de peso.

Na cámara carguei un carrete branco e negro cunha sensibilidade ISO 3200 da marca Ilford que presenta ese gran tan marabilloso e tan odiado nas cámaras dixitais.

Para as medicións de luz e configuración de parámetros usei a aplicación para o móbil Lightmeter (Android).

 

Deixar unha resposta