Foliada de Melide 2017 » III Concurso fotográfico

Un ano máis chegou (e xa pasou ao tempo de escribir estas liñas) a Foliada de Melide e con ela o concurso fotográfico e o ritual de limpar obxectivos, cargar baterías, baleirar tarxetas e a pasear buscando a foto gañadora. Este ano fun de paseo con Guillermo, o gañador da pasada edición, e terceiro da…

#Sadomusiquismo en #Muros

O sadomusiquismo, tal e como indican os Festicultores Troupe na súa biografía de Twitter, é a forma de obtención do pracer mediante o sufrimento de ter que facer o ridículo en público. Durante a celebración do CasteloRock 2016 puidemos gozar de diferentes actividades e concertos nas rúas de Muros; entre as que destacou a actuación…

Camiño de Santiago » Lavacolla

Desta breve sesión fotográfica, na que o principal obxectivo era tranquilizar e durmir a Breogán, tiven tempo de cruzarme co alavés que estaba facendo o Camiño de Santiago cunha burra que tiraba de medio coche no que viaxaba a súa muller enferma tal e como recolle Dolores Cela Castro no seu artigo “El Camino, en…

Foliada de Melide 2016 » II Concurso fotográfico

Nesta segunda edición ningunha das miñas fotos foi premiada, segundo din, estiven a puntiño pero non, de conseguilo, os tres que gañamos na primeira edición teríamos repetido nesta así que, como parece fun o único que non repetiu premio respecto do ano pasado… unha mágoa! Para a exposición fotográfica que realizaron na Cervexaría Fundación elixiron…

Superlúa vermella #supermoon & #lunareclipse

Raro fenómeno que, grazas á meteoroloxía, puidemos observar esta noite de domingo ao luns 28 de setembro de 2015 e que non se repetirá ata o 2033 no que se conxugan dous factores: unha superlúa e un eclipse lunar total.

Borraxeira en Muros

Pasear por Muros, chova, ou non, faga frío, ou non (cousa ben rara esta), con borraxeira ou sen ela, sempre é unha delicia.

#IFVillamorToques

Este lume iniciouse ás 12:15 horas de onte e na súa extinción traballaron 9 axentes forestais, 25 brigadas, 14 motobombas, 4 pas, 7 helicópteros e 9 avións.

XXXII Festa da Carballeira de Zas

Unha nova edición, e van 32, e de gran éxito de participación da Festa da Carballeira de Zas celebrada na fin de semana do 1 de agosto de 2015.

Foliada de Melide » I Concurso fotográfico

Primeira edición do concurso fotográfico asociada a festa da Foliada e Cantos de Taberna de Melide, no que resultei agraciado co primeiro premio de entre menos dunha ducia de participantes, é o que teñen as primeiras edicións… A miña foto gañadora foi: As bases do concurso permitían achegar ata cinco fotos así que enviei estas…

En busca da neve

Buff! Miña naiciña que frío vai! Asomarse pola ventá e ver nevar! Quen ten frío agora? Vou dar un paseo en busca de máis neve…

Festival Brincadeira 2014

Grazas a Leroy Merlin, para esta edición do Festival Brincadeira 2014, no Monte do Gozo (Santiago de Compostela), contamos cunhas invitacións para entrar de balde, cousa esta que aproveitamos perfectamente co claro obxectivo, pola miña parte, de ir a actuación de Ignatius Farray e descubrir con asombro a grandeza de Zan Hoffamn. Unhas descoñecidas Gloria…

Festival Brincadeira 2012

Seguindo na miña línea de ir aos concertos de Calle13 e La Pegatina, non podía perderme esta edición do Festival Brincadeira no que estaban os dous xuntos!