Superlúa vermella #supermoon & #lunareclipse

Raro fenómeno que, grazas á meteoroloxía, puidemos observar esta noite de domingo ao luns 28 de setembro de 2015 e que non se repetirá ata o 2033 no que se conxugan dous factores: unha superlúa e un eclipse lunar total.

Unha superlúa prodúcese na fase de lúa chea cando a lúa atópase no punto máis próximo á terra o que provoca un aumento visual do tamaño dun 15% e do seu brillo.

Coa aliñación da lúa, a terra, e o sol aparece o eclipse lunar total que lle confire un aspecto vermello á lúa por mor da atmosfera terrestre que filtra parte dos raios solares.

Deixar unha resposta