Archivo de la categoría ‘Internet’

Simpleza

Logo de revisar unha nova nun blog sobre un caso de pishing, e de comprobar que a mesma tiña un fail (vídeo no que se amosa o concepto de fail) no que amosaba os datos do servidor real que realizaba o ataque, decidín descargar os arquivos públicos para ver que se escondía tras eles.

Chamoume a atención un flash, que logo de descompilalo, un dos seus recursos, era a tipografía usada… realmente moi minimalista!

Tipografia minimalista

Tipografia minimalista

Tamén é certo que o texto que tiña que amosar tampouco era moi grande:

Procesando; por favor, espere…

Porque Privalia aumenta os prezos?

Eu, dende que coñezo as páxinas de ventas con desconto (Ofertix, Privalia, BuyVip…), sempre me preguntei de onde sacan o prezo de venta en tenda sobre o cal aplican un desconto e ao final obteñen o hiper-mega-reducido prezo de venta dende o outlet, que loxicamente acada uns descontos superiores ao 60% na maioría dos casos.

Eu, coma home claramente tecnolóxico que son, fágome esta pregunta cada vez que entro nunha destas páxinas e atopo unha promoción dalgunha compañía tipo Sony, Canon… (non é que queira mercar unha reflex… si, é iso).

Privalia: Venta da IXUS 120ISPor exemplo, hoxe entrei na páxina de Privalia e boteille un ollo ás cámaras dixitais compactas para ver si tiñan a nova Canon IXUS 300 HS, e novamente, coma é lóxico, non a tiñan (creo que aínda non chegou aos mercados españois, e menos aos galegos). Centrándome no tema, por curiosidade entrei nunha das promocións, en concreto na da Cámara Dixital “Ixus 120″ Negro 12,1 Mp Gran Angular Tarxeta de 2GB de agasallo. Unha cámara normaliña que destaca polo seu prezo no mercado, nada máis e nada menos que 269€ (cando a nova IXUS estiman que terá un prezo so 100€ superior), pero grazas a Privalia ofrécese un desconto do 70% quedando a cámara nuns 189€ irrisorios.

Isto que parece unha gran oferta, provoca que o consumidor faga caso das, tan antigas, tres bes…

bo, bonito e barato

e non faga caso do tan antigo, tamén,

busque, compare e se atopa algo mellor cómpreo.

Porque a estas compañías, non lles interesa que compares, por iso son reducidas, e de acceso so con invitación; por iso, teñen superdescontos por curto prazo de tempo para que penses en mercar xa, en lugar de comparar e buscar o mellor prezo.

Cun mínimo de criterio, e á hora de mercar produtos tecnolóxicos, recomendo a páxina QueSabesDe.com, onde poderedes atopar comparativas, análises, opinións… e tamén prezos actuais, de moitos destes produtos tecnolóxicos que abundan nestes outlets. Así, por exemplo, e aplicado a esta cámara temos que os prezos segundo, QueSabesDe.com, varían entre os 181€, e os 264€.

Os prezos máis altos correspóndense con Kits onde a cámara está presente; por exemplo, a opción máis cara de 264€ correspóndese cun Kit composto da Cámara, máis o estoxo, máis tarxeta de memoria de 4GB de alta velocidade, máis batería adicional, máis ampliación de garantía coa empresa encargada de facer as reparacións de Canon.

Eu, en ningún momento falo de timo xa que como se pode ver o prezo que ofrecen é o prezo real de mercado, pero si que considero que existe certo grado de publicidade enganosa que, podería quedar totalmente mitigada, no caso que publicaran a fonte do prezo orixinal.

Untiny: Resolve as direccións curtas

Untiny é un programa que resolve, e mostra, as rutas que se agochan tras as URLs cortas facilitadas por servizos coma TinyURL [ENG], u.nu [ENG]… e unha gran variedade de servizos máis.

Pero, para que serve isto? Coma é lóxico para ver a ruta real a cal apunta a ruta curta, e grazas a isto para mellorar a seguridade da nosa navegación; xa que deste xeito sempre teremos as garantías básicas que o sitio onde queremos ir realmente correspóndese con sitio acurtado e que este non está agochando un intento de ataque XSS, coma por exemplo:

…El ataque se ha hecho, como dice el informe del incidente [ENG], a través de un ataque XSS que hacía un robo de la cookie para hacer un hijacking de la sesión de los pobles administradores que pincharon en una URL acortada… (fonte orixinal [ESP])

A maiores este servizo é moi recomendable pois, e a diferenza doutros servizos similares, está dispoñible para a maioría dos navegadores actuais en diferentes formatos dispoñibles dende a propia páxina da ferramenta [ENG], así coma as contribucións de terceiros estendendo a usabilidade da mesma.

A pesares de que, algunha destas ferramentas están en modo experimental coma por exemplo, a extensión do Firefox, eu creo que non debe faltar no noso navegador. Algunha das fallas que podemos atopar e cando entramos nalgún destes servizos acortadores e vemos que presenta todas as ligazóns co seguinte erro:

error(3): Unable to get the original URL

Este erro é debido a que nas propias páxinas dos servizos utilizan o mesmo formato para as ligazóns internas que para as ligazóns curtas, a ferramenta ao detectar estas direccións trata de resolvelas e loxicamente non pode e mostra o erro en lugar da ligazón interna correspondente.

Volver a arriba

Sobre min

Informático de profesión e fotógrafo de afección, gozo coas películas de Serie-B dos anos 50-60-70, coas series en VOS, co Eurodance, co meu SuperDepor, coas miñas amizades, e coa miña familia.