II Hellfoz Festival

Segunda edición do Hellfoz Festival celebrado en Foz en plena mariña lucense na fin de semana do 1 de agosto de 2015.

Momentos durante as actuacións das bandas de metal con compoñentes femeninas enmarcadas no “Mulleres Kañeras” dentro dos concertos do Hellfoz Festival 2015 nos que tocaron Galiryon (Epic Folk Metal lucense), La banda de los denunciados (Rock coruñés), Mileth (Pagan Folk Metal vigués), Synlakross (Death Metal Melódico valenciano) e Fri Sjel (Death Metal Melódico europeo).

A sesión vermú do sábado estivo amenizada pola banda local dos Kentakis, tocando grandes éxitos como “Iba un niño, por un queso”.

35mm

E, como bonus, un par de fotos con carrete de 35mm en branco e negro, Ilford ISO3200.

Deixar unha resposta