#IFVillamorToques

Este lume iniciouse ás 12:15 horas de onte e na súa extinción traballaron 9 axentes forestais, 25 brigadas, 14 motobombas, 4 pas, 7 helicópteros e 9 avións.

Segundo as fontes da Xunta de Galicia o incendio forestal da parroquia de Villamor no concello de Toques quedou controlado ás 07:33 horas, que segundo as últimas estimacións provisionais afectou a unha superficie de 200 hectáreas de Rede Natura.

Os veciños preguntados pola zona queixábanse da imposibilidade de desbrozar ás súas terras por mor da especial protección da área da Redes Natura das diferentes especies de lagartos e de prantas existentes na zona, o que favoreceu o avance das lapas.

Nota de prensa completa

E tamén a cámara lenta!

Deixar unha resposta