Licenzas


A obra incluída dentro do blog titulado “as miñas fotos” e baixo a dirección electrónica “http://heroma.es/fotos” posúe unha licenza emitida por Creative Commons baixo as seguintes restricións para o seu uso:

  • Recoñecemento: Toda reprodución da miña obra ten que ser atribuída a miña persoa, usando como firma da mesma o meu nome “Héctor Romero Martínez” .
  • Non comercial: É dicir, a miña obra non poder ser reproducida nun soporte que xere ganancias (como por exemplo, páxinas web con publicidade - banners, ad-sense… -) ou teña algún tipo de cargo (periódicos ou revistas non gratuítas por exemplo).
  • Sen obras derivadas: A reprodución da miña obra ten que ser transmitida do mesmo xeito que este blog recolle, sen ningún tipo de modificación (a excepción de re-escalados para adaptar a imaxe ao soporte requirido), nin de recorte.

Ante posibles incompatibilidades cas normas de propiedade intelectual noutros países, aplicarase a tódolos efectos a lexislación vixente en España para resolvelas incompatibilidades.

Creative Commons License

Esta obra pertence a Héctor Romero Martínez e publícase baixo o seguinte tipo de licenza: Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License.

No caso de estar interesado na adquisición de:

  • Os formatos JPG orixinais (os RAW non son distribuídos en ningún caso), sen marcos, filtros, marcas de auga…
  • Dereitos de reprodución ou modificación da obra aquí contida.
  • Formatos das obras maiores de 1600×1200.
  • etc…

Por favor póñase en contacto comigo, facendo uso do enderezo electrónico:

fotografia (a) heroma (.) es

Indicando en tódolos casos, finalidade da adquisición, entidade ou persoa adquirinte, obra na que está interesado, forma de contacto…

Non se permite o uso deste enderezo electrónico para outros fines diferentes aos aquí descritos.