Caronte
Xa está ben de tanta foto estranxeira, imos tirar un pouco para a nosa terra. Na entrada do parque escultórico da Torre de Hércules, nunha contorna natural de 47 hectáreas, atópase esta escultura, sobre un pedestal, de Caronte, o barqueiro do río Aqueronte na mitoloxía grega. Este Caronte é obra do escultor ourensán Ramón Conde.
- Google Maps + Street View: Escultura de Caronte


RSS Feed