Acivro

Acivro no Castelo

22 Jun 2010 | sen comentarios »

acivro sing. masc. Árbore silvestre de follas brillantes, duras e con espiñas nos bordos, flores brancas, froito en forma de baga de cor vermella e madeira de cor clara, dura e pesada.

Marabilloso exemplar de acivro, protexido por lei, situado a beira da igrexa da Virxe do Carmen, no Castelo, en Melide. Nesta ocasión, preferín desenfocar a maior parte da foto deixando so parte dunhas das follas desta árbore enfocada; creando, deste xeito, ou iso intentei, unha gran tranquilidade.